Neste blogue irei recollendo diferente información sobre actividades que o alumnado do CEIP Carlos Casares de Nigrán realizará ao longo do curso. Ademáis de ser unha ferramenta de organización de materiais tamén pode ser de utilidade como banco de recursos persoal para afondar o traballado na casa
lunes, 16 de octubre de 2017
Pablo Sarasate
Nesta entrada disporedes de información para achegarvos á figura deste gran músico e virtuoso do violín. Pablo Sarasate tivo un gran vínculo con Galicia xa que foi aquí onde fixo o seu debut como músico e onde recibíu as primeiras clases de violín. O seu pai era músico militar e estivo destinado na Coruña e en Pontevedra.
Na clase de música coñeceremeos e analizaremos dúas obras súas de gran relevancia: A Romanza Andaluza e a súa fabulosa Muiñeira interpretada polo gaiteiro vigués Carlos Núñez. Espero que vos fagan desfrutar moito.
No hay comentarios:
Publicar un comentario