Nesta entrada disporedes dunhas actividades para coñecer mellor e discriminar auditivamente os instrumentos PAI (Percusión Altura Indeterminada).
Este grupo de instrumento cos que traballamos o ritmo son fundamentais nas nosas orquestacións xa que dan caracter e estructuran os tempos coas súas características sonoras.
Neste blogue irei recollendo diferente información sobre actividades que o alumnado do CEIP Carlos Casares de Nigrán realizará ao longo do curso. Ademáis de ser unha ferramenta de organización de materiais tamén pode ser de utilidade como banco de recursos persoal para afondar o traballado na casa
miércoles, 15 de noviembre de 2017
Para diferenciar son e silencio
martes, 7 de noviembre de 2017
Instrumentos electrófonos
Nas vindeiras sesións da aula de música imos coñecer como se xera o son en diferentes instrumentos.
É un feito importante que nos permite clasificalos.
No seguinte enlace podedes atopar unha lista de instrumentos eléctricos na que se describen e se concretan os usos que teñen en diferentes agupacións.
Os vídeos que vos presento a continuación recollen a interpretación dunha peza cunha guitarra acústica e unha guitarra eléctrica.
¡Espero que vos gusten!

viernes, 20 de octubre de 2017
Tipos de frauta
A protagonista desta entrada é a frauta. Poderedes coñecer máis sobre os diferrentes tipos que existen e tamén recoñecer cales son as súas partes fundamentais.
- A FRAUTA DE PAN
- A FRAUTA DOCE
- A FRAUTA TRAVESEIRA
lunes, 16 de octubre de 2017
Pablo Sarasate
Nesta entrada disporedes de información para achegarvos á figura deste gran músico e virtuoso do violín.
Pablo Sarasate tivo un gran vínculo con Galicia xa que foi aquí onde fixo o seu debut como músico e onde recibíu as primeiras clases de violín. O seu pai era músico militar e estivo destinado na Coruña e en Pontevedra.
Na clase de música coñeceremeos e analizaremos dúas obras súas de gran relevancia: A Romanza Andaluza e a súa fabulosa Muiñeira interpretada polo gaiteiro vigués Carlos Núñez.
Espero que vos fagan desfrutar moito.
Pablo Sarasate tivo un gran vínculo con Galicia xa que foi aquí onde fixo o seu debut como músico e onde recibíu as primeiras clases de violín. O seu pai era músico militar e estivo destinado na Coruña e en Pontevedra.
Espero que vos fagan desfrutar moito.
viernes, 8 de septiembre de 2017
Piano de Rhodes
Boas a todo@s!!. Quizais un dos instrumentos que tivo maior incidencia na historia da música é o piano. Ainda que poderíamos adicarlle todo o curso a prender cousas sobre este instrumento de corda percutida, hoxe preséntovos unha variante que de seguro vos vai a sorprender: O PIANO DE RHODES.
Nesta entrada dispoñedes de información para poder coñecelo un pouco mellor e un vídeo que de seguro vos enmeigará co seu son tan particular.
Espero que vos guste!!
Nesta entrada dispoñedes de información para poder coñecelo un pouco mellor e un vídeo que de seguro vos enmeigará co seu son tan particular.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)