miércoles, 15 de noviembre de 2017

Instrumentos PAI (Percusión Altura Indeterminada)

Nesta entrada disporedes dunhas actividades para coñecer mellor e discriminar auditivamente os instrumentos PAI  (Percusión Altura Indeterminada).
Este grupo de instrumento cos que traballamos o ritmo son fundamentais nas nosas orquestacións xa que dan caracter e estructuran os tempos coas súas características sonoras.

Para diferenciar son e silencio

Á hora de facer música temos que ser conscientes de que moitas veces é unx ogo entre dous elementos contrario: son-silencio; rápido - forte; longo- curto,... 
Hoxe comezaremos por facer unhas actividades que nos permitan diferenciar elementos sonoros dos que non o son.

Espero que vos gusten!!


martes, 7 de noviembre de 2017

Instrumentos electrófonos

Nas vindeiras sesións da aula de música imos coñecer como se xera o son en diferentes instrumentos. 
É un feito importante que nos permite clasificalos.
 No seguinte enlace podedes atopar unha lista de instrumentos eléctricos na que se describen e se concretan os usos que teñen en diferentes agupacións.
Os vídeos que vos presento a continuación recollen a interpretación dunha peza cunha guitarra acústica e unha guitarra eléctrica.
¡Espero que vos gusten!


viernes, 20 de octubre de 2017

Tipos de frauta


A protagonista desta entrada é a frauta. Poderedes coñecer máis sobre os diferrentes tipos que existen e tamén recoñecer cales son as súas partes fundamentais.


lunes, 16 de octubre de 2017

Pablo Sarasate

Nesta entrada disporedes de información para achegarvos á figura deste gran músico e virtuoso do violín
Pablo Sarasate tivo un gran vínculo con Galicia xa que foi aquí onde fixo o seu debut como músico e onde recibíu as primeiras clases de violín. O seu pai era músico militar e estivo destinado na Coruña e en Pontevedra. 
Na clase de música coñeceremeos e analizaremos dúas obras súas de gran relevancia: A Romanza Andaluza e a súa fabulosa Muiñeira interpretada polo gaiteiro vigués Carlos Núñez.
Espero que vos fagan desfrutar moito. 

viernes, 8 de septiembre de 2017

Piano de Rhodes

Boas a todo@s!!. Quizais  un dos instrumentos que tivo maior incidencia na historia da música é o piano. Ainda que poderíamos adicarlle todo o curso a prender cousas sobre este instrumento de corda percutida, hoxe preséntovos unha variante que de seguro vos vai a sorprender: O PIANO DE RHODES.
Nesta entrada dispoñedes de información para poder coñecelo un pouco mellor e un vídeo que de seguro vos enmeigará co seu son tan particular.
Espero que vos guste!!